Trece

copy-IMG_0004m-web.jpg

Trece” reúne tres historias feitas música, xestadas ao longo de 13 anos e vencelladas ao descubrimento do amor e do desamor.

Musas, Telarañas e Lenas

Trece minutos de notas entrelazadas, sosegadas ou apuradas, ilusionadas ou decepcionadas, desexosas de expresarse, de descubrirse… e logo de berrar a guitarra pra fóra, a ilustradora Hanna Sörgel púxolle cores, trazos e vida aos sonidos do sentir, acomodados nos acordes e agochados nas historias.

Trece” polos anos, os minutos, polo número primo no que nacín e se cadra, cousas de meigas, será tamén por telo gravado no 2013.

O prazer é meu. Con agarimo.

Alba.