Dubidando…

Alba Lopez Sanchez, guitarraFotografía: Silvia Pato

 Dubhé Dubida …

Dubhé dubida. Ten medo a amosarse, a deixar ver a súa luz, saben que poden vela e por iso trata de agocharse. Proba, unha e outra vez, mais non é quen. A súa luz foxe sempre por algún oco, berra para ser liberada. O tempo pasa a medio gas até que un día asume, que queira ou non, debe deixar que as raiolas, con certo toque laranxa, saian con toda a forza, deixando que a vexan, a observen, a disfruten…

Dubhé Dubida é o proxecto artístico da música galega, Alba López Sánchez. Nel converxen diferentes formas de expresión artística, propias ou de persoas amigas convidadas a crear ou recrear.

No primeiro traballo, Trece’, conta coa colaboración da ilustradora alemana Hanna Sörgel, quen crea un mundo imaxinario baseado nas historias contadas e nas notas da guitarra, onde se agochan trece anos de sentimentos, tan fermosos coma tráxicos. Trece anos en trece minutos…